Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

As Nosas Gaitas » Seipal
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Construción

Modelos

Complementos

Seipal

Garantía Seivane

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
O novo Pallón Seipal Sintético é o resultado de longos estudos do Obradoiro de gaitas Seivane na busca da estabilidade tonal en calquera condición de humidade e temperatura, pero manténdose fiel ao son do pallón tradicional de cana.



O pallón Seipal está dispoñible para outras gaitas como a Gaita Asturiana, Gaita de Boto Aragonesa, Sac de Gemecs Catalán, Xeremía Mallorquina, Biniou Koz Bretón e a Great Highland Bagpipe Escocesa.

Cos seus elementos sintéticos, compostos por unha amálgama de polímeros, e a súa elaboración por moldeo, conséguese unha total precisión e regularidade na súa construción e montaxe, que dá como resultado un elemento seguro e insensible aos cambios climáticos.

Leva incorporada, nun dos seus extremos, unha válvula de corte que se intercambia con facilidade. Esta válvula cumpre unha dobre función e permite unha entrada de aire instantánea, á vez que un corte nítido e preciso do son ao baixar a presión do fol. É unha mostra de enxeño pola súa sinxeleza pero, sobre todo, pola súa eficacia.

A súa extraordinaria estabilidade tonal e tímbrica, a súa longa duración, a regularidade e potencia do seu son, a súa fiabilidade e a súa achega en termos de facilitar o tempero, fan do pallón Seipal o accesorio indispensable para os gaiteiros de hoxe en día.

Pode adquirir calquera dos nosos produtos a través de Internet accedendo á nosa tenda on-line.


Instrucións de uso do Pallón Seipal

O pallón Seipal utilízase, basicamente, como o seu homónimo tradicional de cana coa vantaxe de que practicamente non necesita mantemento. Introduza o pallón no asento do ronco de modo firme e hermético. Teña coidado de aliñar perfectamente o seu eixe lonxitudinal co do ronco para que a válvula, unha vez que se introduza na súa buxa, quede perfectamente centrada. A conicidade practicada nun dos extremos do pallón Seipal está estudada para encaixar perfectamente nos asentos dos roncos do Obradoiro de Gaitas Seivane. Non obstante, pode ser necesario enrolar algo de fío, papel fino ou teflón ao seu arredor para conseguir un axuste perfecto noutras gaitas.

Se a válvula non corta debidamente ou se percibe certo petardeo no son, xire a prima do ronco con respecto á súa buxa en incrementos de 1/4 de volta ata o funcionamento correcto. Se despois dunha volta completa non se consegue, comprobar que o pallón estea correctamente aliñado respecto ao eixe do ronco.

O pallón pode funcionar perfectamente sen a válvula pero obterase un maior rendemento e un mellor comportamento dos roncos se se utiliza.

A lámina vibrante dos pallóns Seipal compórtase practicamente como as de cana dos pallóns tradicionais. Para eliminar a posible humidade condensada, extraia o pallón do seu asento e sacúdao lixeiramente. Se necesita maior volume sonoro ou reanimar un pallón que eventualmente se detivo, levante lixeiramente a lámina como faría cun tradicional.

Hai dúas bridas que suxeitan a lámina. A que está situada máis cerca da válvula é fixa e non debe intentar desprazala en torno ou ao longo do tubo. A outra pode escorrer en sentido lonxitudinal para regular a tonalidade do pallón.

Para cambiar a válvula de corte só é necesario retirala tirando suavemente dela e introducindo a nova no seu lugar.

Se o desexa, pode descargar en formato PDF o manual do pallón Seipal no seguinte enlace:

seipal-manual.pdf  (180 KB)
Requiere Adobe® Reader®, programa gratuíto que pode obter pulsando
no seguinte logo:

Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es