|
|
|
|
Mostrámoslle a continuación varias páxinas cunha serie de imaxes que ilustran diversos momentos da traxectoria da familia Seivane e a súa relación co mundo de gaita e o folclore galego e a súa evolución ao longo dos últimos 50 anos.
Faga clic sobre cada imaxe para ampliala:
 |
|
 |
|
 |
Álvaro e Xosé Manuel cos punteiros electrónicos Jachía recollidos das mans do seu creador, Xurxo Jachía, gaiteiro, músico e profesor. Creador tamén dunha exitosa canle de YouTube. 2021. |
|
|
Os irmáns Seivane con Xurxo Antúnez, O Terrible, o gaiteirazo da voz prodixiosa, profesor e impulsor da Gaita de Cana EVO (evoluída), aquí coas tres versións da mesma. 2020. |
|
|
Susana Seivane entrega o seu último disco, “Dende o meu balcón”, ao seu pai Álvaro e tío Xosé Manuel, que están felices de ter esta recopilación do mellor repertorio tradicional galego. 2020. |
|
 |
|
 |
|
 |
Visita do Conservatorio Superior de Vigo, 2019. |
|
|
Cristina Pato, recollendo a súa gaita grave en Dó4, con Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2019. |
|
|
Homenaxe a Álvaro Seivane, co grupo Treixadura, organizada por Gadis, 2019. |
|
 |
|
 |
|
 |
Os irmáns Seivane co mestre de gaita, Diego Prieto, creador dunha das canles de YouTube sobre a gaita con máis seguidores: “Tradigaita”, 2017. |
|
|
A cuarta xeración de músicos, Fiz e Antón Seivane, probando a gaita grave en Dó4, 2016. |
|
|
Álvaro e Xosé Manuel, con Miguel Ramalleira, profesor do Centro Galego de Madrid, 2016. |
|
 |
|
 |
|
 |
A satisfación do traballo ben feito, Álvaro e o seu neto Fiz Seivane, no torno, 2016. |
|
|
Os profesores Daniel Bellón e Raúl Lacilla, e as musas medievales, con Álvaro e Xosé Manuel, 2016. |
|
|
Álvaro, fachendoso avó de Antón Seivane, no torno, 2016. |
|
 |
|
 |
|
 |
Álvaro e Xosé Manuel, con Xaime Estévez, profesor e investigador de música galega, 2016. |
|
|
Antón Seivane, o Seivane máis pequeno coa Seivane máis grande, 2016. |
|
|
Os irmáns Seivane, con José Javier Fidalgo, dos Templarios del Oza e a Banda de Gaitas Ciudá de Llión, 2015. |
|
 |
|
 |
|
 |
|
|
Miro Casabella, un dos máis grandes artistas galegos comprometidos coa música de Galicia, 2015. |
|
|
Os artesáns Seivane e Brais, 2014. Foto Víctor Jove. |
|
 |
|
 |
|
 |
Álvaro con Manoel Muxico de Barcelona, profesor da Irmandade a Nosa Galiza de Mollet e da Agrupación Saudade, e Iván Costa de Moaña, membro de Son de Seu, 2014. |
|
|
Michael Portillo e o seu equipo da serie Great Continental Railway Journeys da BBC, 2014. |
|
|
A gaiteira Cristina Pato e Wu Tong, construtor e intérprete virtuoso do sheng, instrumento tradicional chinés, 2013. |
|
 |
|
 |
|
 |
Carlos Núñez recollendo o seu punteiro de ton regulable, Seitor, das mans de Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2013. |
|
|
Álvaro, Xosé Manuel e Susana Seivane na Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, (Lugo), 2013. |
|
|
Con Xaquín Xesteira e os seus fillos “Os Xeitosiños”, Anxo e Roi, 2013. |
|
 |
|
 |
|
 |
Susana Seivane, co seu fillo Fiz en brazos, xunto ao gaiteiro arxentino Daniel Pazos, 2013. |
|
|
Susana Seivane (embarazada do seu primeiro fillo), co acordeonista Kepa Junkera, 2013. |
|
|
Con Xosé Ferreirós, membro fundador de Milladoiro, 2013. |
|
 |
|
 |
|
 |
Con Nando Casal, membro fundador de Milladoiro, 2013. |
|
|
Aquí con Ramón Maril, profesor de gaita e percusión en Cantigas e Agarimos e Gaiteiros de Buxantes, entre outros, 2013. |
|
|
Álvaro e Xosé Manuel Seivane con Mikiko Watanabe, 2012. |
|
 |
|
 |
|
 |
Yuki Kojima de Xapón con Susana, Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2012. |
|
|
O supergaiteiro Brais Seivane, 2012. |
|
|
Xosé Manuel Seivane, o pequeno Brais, Enrique Otero, e Manuel Alonso de Noitarega e a súa muller, 2011. Foto Xurxo Lobato. |
|
 |
|
 |
|
 |
O patriarca Seivane co periodista Albino Mallo, 2011. |
|
|
Susana Seivane bica ao seu avó Xosé Manuel Seivane no seu 90 aniversario, 2011. Foto Xurxo Lobato. |
|
|
O noso patriarca vendo ao gaiteiro Piñeiro e Brais tocando xuntos, 2011. |
|
 |
|
 |
|
 |
Brais Seivane con 3 anos tocando para os nenos do colexio Graxal de Cambre, 2011. |
|
|
Seivane e Xan Bello Mallou, un dos grandes vellos gaiteiros, referente da música galega tradicional, toda a vida ligada a Cantigas e Agarimos, formando parella entre outros co mítico artesán Basilio Carril, 2011. |
|
|
Seivane co gaiteiro Freixo das Pontes, 2010. |
|
 |
|
 |
|
 |
Os irmáns Seivane con Patrick Molard, 2010. |
|
|
O pequeno Brais tocando o bombo, 2010. |
|
|
O noso patriarca Xosé Manuel Seivane co seu fillo Álvaro, Enrique Otero e Antón Corral, 2010. |
|
 |
|
 |
|
 |
A curiosidade de Brais polo clarinete do seu bisavó Xosé Manuel Seivane, 2010. |
|
|
Brais escoita atento ó seu bisavó mentras intenta arrancar unhas notas ó “charango”, 2010. |
|
|
As catro xeracións Seivane reunidas en torno á música, 2010. |
|
 |
|
 |
|
 |
Cada Seivane co seu instrumento, a pequena gaita de Brais está feita á súa medida, 2010. |
|
|
Os Seivane en formación, 2010. |
|
|
Xosé Manuel Seivane e o seu fillo Xosé Manuel ao torno, 2009. |
|
 |
|
 |
|
 |
O gaiteiro Xoan Carlos Rilo, 2009. |
|
|
Álvaro e Xosé Manuel Seivane coa actriz María Castro, 2009. |
|
|
Pedro Lamas, excelente músico e compositor de Cecebre, 2006. |
|
 |
|
 |
|
 |
Luís Correa, o Caruncho, probando unha gaita nova na sala de afinación do Obradoiro Seivane, 2006. |
|
|
Antwn Owen Hicks e Gafin Morgan, gaiteiros do País de Gales, no stand de Seivane. Lorient, agosto de 2006. |
|
|
Patrick Molard, un dos mellores gaiteiros Bretóns, tocando un dúo Fa/Do con Daniel Bellón, un dos mellores gaiteiros galegos. Lorient, agosto de 2006. |
|
 |
|
 |
|
 |
O músico americano Kevin Karr durante unha visita ó Obradoiro Seivane. Xullo, 2006. |
|
|
Jaime Portela e Clarita Seivane cas súas propias gaitas na caseta da feira do folclore da Fundación Elai-Alai. Portugalete, maio de 2006. |
|
|
“Os Seivane”. Todos botan man dun instrumento tradicional galego para animar as festas familiares, 2006. |
|
 |
|
 |
|
 |
O gaiteiro Xosé Cardelle toca a súa gaita de buxo, tonalidade en Fa, 2005. |
|
|
Álvaro con Jorj Botuha afamado construtor de bombardas no seu taller en Auray (Bretaña), 2005. |
|
|
Os futbolistas Fran e Mauro atenden as explicacións de Susana no posto do Obradoiro de Gaitas Seivane, Cambre, Feira dos Empresarios. Maio de 2005. |
|
 |
|
 |
|
 |
Xosé e Álvaro felicitan, na presenza de Raúl Galego, a José Luís Calle ao recibir este a Gaita de Ouro do Certame Constantino Bellón, 2005. |
|
|
Antón Davila, gaiteiro galego, integrado no internacionalmente coñecido grupo Celtas Cortos, 2005. |
|
|
Maximino Souto, Irma Seivane (filla de Xosé Manuel Seivane), Manuel Alonso e José María Gutiérrez. Xantar gaiteiro. Ordes (A Coruña), 2005. |
|
 |
|
 |
|
 |
Xosé Seivane no Obradoiro de Gaitas Seivane en Cambre, 2002. |
|
|
David López "Jaiteiro" de Barcelona, 2000. |
|
|
Álvaro e Xosé con Maximino Souto, probando o punteiro en Re grave, 1998. |
|
 |
|
 |
|
 |
Visita do Grupo Anduriña, do Centro Galego de Miranda de Ebro. Agosto de 1997. |
|
|
Álvaro e Xosé con Carina Fragoso e Gloria López, profesoras da Sociedade Parroquial de Vedra, Bos Aires, 1996. |
|
|
Visita dos profesores e alumnos do Curso de Gaita de Toque Pechado da Asociación Folclórica Marmurios de Leucoiña, Pontevedra. Maio de 1995. |
|
 |
|
 |
|
 |
Saínza Seivane, segunda filla de Álvaro Seivane, tocando a gaita e Dubi tocando as tarrañolas. A Coruña, 1993. |
|
|
Xosé Manuel e Xosé Seivane no obradoiro de Ribeira de Piquín. En primeiro plano dous foles de cabrito. 1993. |
|
|
Mike Oldfield tocando unha gaita Seivane, 1992. |
|
 |
|
 |
|
 |
Foto adicada por Jean Pierre Van Gees, gran coñecedor das gaitas do mundo e virtuoso da Mussette, 1990. |
|
|
Texto de Moxenas, gaiteiro-poeta, para Xosé Seivane, 1990. |
|
|
Xosé Seivane tallando unha gaita no obradoiro de Ribeira de Piquín, 1990. |
|
 |
|
 |
|
 |
Jorge Portela Seivane, Álvaro e Susana aos 12 anos de xoldra nunha reunión familiar, 1988. |
|
|
Grupo Muxicas (de esquerda á dereita): Manolo "Rin-Rin", Nazario Glez. "Moxenas”, Xosé Manuel Fernández, Liño Figueroa e Xosé Anxo Failde, 1984. |
|
|
Álvaro Seivane, no obradoiro de Barcelona, 1984. |
|
 |
|
 |
|
 |
A película A Festa da Malla, foi gravada en Cuíñas–Ribeira de Piquín. Xosé Seivane actuou nela, tocando a gaita, durante a Festa da Malla, 1980. |
|
|
Xosé Seivane tocando unha gaita de granadillo con incrustacións de marfil. Ribeira de Piquín, 1980. |
|
|
Álvaro coa súa filla, Susana Seivane, intentando tocar a zanfona, 1979. |
|
 |
|
 |
|
 |
Álvaro, Xosé Manuel e Xosé Seivane no obradoiro de Ribeira de Piquín (Lugo), 1979. |
|
|
Ricardo Portela e Xosé Seivane, afinándolle a gaita, Ribeira de Piquín (Lugo), 1979. |
|
|
Os primeiros pasos musicais de Susana co seu pai Álvaro, novembro de 1976. |
|
 |
|
 |
|
 |
Airiños da Ribeira: Jaime, Xosé Seivane e Darío (San Blas, Barcia, Ribeira de Piquín), 1968. |
|
|
Airiños da Ribeira: Benxamín, Xosé Seivane, López e Darío (Paderne, Ribeira de Piquín), 1951. |
|
|
Os amigos: primeiro grupo de Seivane: Federico, Seivane e Atilano. 1948. |
|
|
|
|