|
|
|
|
Premio Artesanía de Galicia á traxectoria, para Álvaro Seivane |
|
13 de decembro 2021 |
|
Este luns 13 de decembro de 2021 no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, foi a cerimonia de entrega dos Premios Artesanía de Galicia. O luthier Álvaro Seivane, titular xunto co seu irmán Xosé do Obradoiro de Gaitas Seivane, recibiu das mans do Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, o Premio Traxectoria, de carácter honorífico, a proposta por unanimidade da Asociación Galega de Artesáns. Álvaro Seivane recibiu a ovación máis longa da historia destes premios, e puxo a todo o público en pé do salón tras coñecerse a entrega deste galardón. O momento máis emotivo da cerimonia foi cando Susana Seivane sorprendeu ao seu pai Álvaro interpretando unha melodía composta para el, e tras a cal aparecían a súa outra filla, Saínza Seivane, e os seus netos, Brais, Fiz, Maren e Antón Seivane, tocando a Muiñeira do Chao, peza composta polo bisavó Seivane. Seguidos por todos os traballadores de Obradoiro Seivane. O taller de cestería Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) recibiu o Premio Artesanía de Galicia pola súa peza Abisal. E Julia de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica (O Porriño), recibiu a Bolsa Eloy Gesto. |
|
 |
|
|
|
« volver ao índice de noticias |
|
|
|