Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Festival Intercéltico de Lorient

27 de xullo 2006

Por segundo ano consecutivo, o Obradoiro de Gaitas Seivane, acudiu ao Festival Intercéltico de Lorient cun stand no que amosou as súas gaitas. A feira durou doce días durante os cales numerosos gaiteiros de todo o mundo achegáronse pola caseta solicitando probar os instrumentos Seivane. Esta edición estivo dedicada a Australia, e numerosos músicos de aquel continente interesáronse polas gaitas, e tamén, como non, pola música e a cultura galegas. Sorprendidos pola calidade do traballo e a dozura do son, algún deles volveu cunha gaita grileira que tocará no outro lado do mundo.

Tivemos a honra de recibir visitas de gaiteiros estranxeiros ilustres, coma os bretóns Patrick Molard, Konan Mevel e Mickaël Cozien ou os galeses Gafin Morgan e Antwn Owen Hicks, entre moitos outros. Foron doce días de traballo, pero cheos de comunicación e contacto con gaiteiros de todo o mundo, nos que nos quedamos sorprendidos do grande interés que hai, no estranxeiro, pola nosa cultura.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es