Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

II Feira do Folclore da Fundación Elai Alai

10 de xuño 2007

O Obradoiro de Gaitas Seivane tivo a honra de ser invitado, de novo, a expoñer as súas gaitas e departir con músicos e outros artesáns en dúas xornadas que resultaron ser tremendamente productivas en termos de comunicación e contactos.

Este festival estase a consolidar e ser o punto de encontro dos gaiteiros do norte peninsular. Músicos do País Vasco, Aragón ou Cataluña danse cita en Portugalete para visitar as exposicións artesanais e acudir aos diferentes concertos programados pola organización.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es