Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Celebrada a homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas

10 de agosto 2008

O pasado día 9 de agosto celebrouse a homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas organizada pola Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín. O acto central consistiu no descubrimento dun busto de bronce fronte á súa casa. Familiares, amigos, e veciños ateigaron as rúas do Chao de Pousadoiro durante todo o día para acompañar a Xosé Manuel. O noso agradecemento a todos eles, así como aos moitos amigos que, pola distancia ou outros motivos, non puideron estar presentes. A nosa gratitude, tamén, para as autoridades que tiveron a xentileza de acudir ou apoiar ao acto, e a toda a xente que, por diversos medios, se sumou a este recoñecemento.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es