Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Do Obradoiro de Gaitas Seivane á Antártida

27 de setembro 2013

O ano pasado o francés Nicolas Pabois encargounos unha gaita moi especial, cun torneado personalizado tipo medieval, entón descoñecíamos o destiño que lle agardaba: cruzar o planeta ata chegar ao Polo Sur. Alí, no medio da Antártida, sacou unhas fotos que despois nos enviaría, nas que aparece tocando a gaita e acompañounas deste texto onde nos felicitaba pola súa calidade:

“Enviaronme este inverno a unha base científica na Antártida, e non querendo separarme da miña gaita, arrisqueime a levala ata alá. E mesmo a -40 grados non se desafinou! Así que podedes certificar na vosa páxina web que as vosas gaitas poden sonar ata no Polo Sur! Envíovos algunhas fotos, esperando que vos gusten”.

Por primeira vez unha gaita chegaba á Antártida e era unha gaita Seivane. Unhas imaxes evocadoras que reflicten ata onde somos capaces de chegar e os camiños que entre todos somos capaces de abrir e percorrer.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es