Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

O Obradoiro de Gaitas Seivane finalista dos Premios Nacionais de Artesanía 2013

02 de decembro 2013

Os premios Nacionais de Artesanía están organizados pola Fundación Española para a Innovación da Artesanía (Fundesarte) e convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e celebran este ano a súa oitava edición, onde o Obradoiro de Gaitas Seivane foi seleccionado como finalista para o Premio Nacional de Artesanía ao conxunto dunha obra consolidada.

Neste premio valórase a traxectoria, a calidade, a adaptación, a responsabilidade social e medioambiental, a transmisión de valores positivos, a creatividade, a innovación e o compromiso coa evolución artesanal. Os premios fallaranse na primaveira do próximo ano nunha cerimonia que terá lugar no salón de actos do Ministerio de Industria en Madrid.

O Obradoiro de Gaitas Seivane a través das súas distintas accións, construción, presentación, divulgación, comercialización, estudo e investigación, tivo sempre presente o desexo de dignificar a gaita, o instrumento musical símbolo de Galicia, e levala ás máis altas esferas da música e ao máximo nivel de valoración, co que hoxe en día se lle recoñece internacionalmente.

O Obradoiro de Gaitas Seivane xa foi galardonado no 2006 co Premio Innova como exemplo de innovación na artesanía, pola súa páxina web e as súas novidosas aportacións como o pallón sintético Seipal.

Dende aquí queremos agradecer ao comité de avaliación esta nominación.


Fotografía Víctor Jove


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es