Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro de Gaitas Seivane, Premio Nacional de Artesanía 2013

31 de marzo 2014

Foi o 25 de marzo, no salón de actos do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, de Madrid, na oitava edición dos premios nacionais de artesanía.

Estes premios promovidos pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía e convocados polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo, son un recoñecemento institucional ao máis alto nivel para as traxectorias e actuacións recoñecidas xeralmente como excelentes e exemplares no campo da artesanía. E pretenden incentivar a innovación, deseño e capacidade de adaptación ao mercado, impulsando a competitividade das pequenas e medianas empresas artesás.

En palabras de Álvaro Seivane, estes premios son un acicate moi importante para un sector que se esforza día a día en adaptarse aos novos tempos, dende un profundo respecto á produción artesanal, o compromiso coa nosa cultura e a responsabilidade de ser artífices da súa continuidade.

Dende o obradoiro expresamos a nosa gratitude polo recoñecemento ao empeño de varias xeracións por un oficio e ao afán de prestixiar unha profesión e un produto, que enraiza directamente no corazón cultural dun país.

Queremos dedicarlle este premio ao noso patriarca Xosé Manuel Seivane e compartilo cos gaiteiros de todo o mundo e con todos aqueles que leven a gaita e a Galicia no seu corazón. Moitas grazas!


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es