Alí se reuniron centos de gaiteiros e recibimos unha emotiva homenaxe a nosa familia. Foi unha gran alegría poder compartir cos nosos amigos e veciños de Arzúa, e con todos os gaiteiros que ata alí se acercaron, a paixón pola gaita e o desexo de conservar, potenciar e divulgar a música tradicional galega.
Para nós recibir esta homenaxe e poder celebrar esta festa da gaita con tantos gaiteiros e amigos foi tamén un gran premio, cun valor e unha estima moi especial para nós, que nunca esqueceremos.
|
|
 |
|
|