Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Seivane crea a súa primeira “musa” medieval

23 de xuño 2016

Hai un ano que empezamos a traballar neste proxecto do intérprete e investigador Raúl Lacilla co obxecto de crear a nosa primeira “musa” medieval, basada nas súas investigacións ao longo de case 3 anos.

Trátase dun instrumento que estivo en uso durante os séculos XII e XIII e que daría paso no século XIV á cornamusa, predecesora da maioría das gaitas do occidente europeo na súa forma moderna.

Foron moitos os que apoiaron esta iniciativa, en especial, o Curso Internacional de Música Medieval de Besalú (Girona). Agradecémoslle a Raúl que contara con nós para facer realidade este proxecto.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es