Na primaveira de 1939 Seivane construía a súa primeira gaita… Este ano é o noso 80 aniversario! Queremos darvos as grazas a todos os que nos acompañastes no camiño ao longo deste tempo. Por iso preparamos un agasallo moi especial, a GAITA 80 ANIVERSARIO! Que pode ser vósa. Só tedes que seguirnos en FACEBOOK e darlle a “gústame” na publicación do sorteo. Este estará aberto ata o día das Letras Galegas, 17 Maio.
Aquí o enlace: https://www.facebook.com/Obradoiro.de.Gaitas.Seivane
Esperamos celebrar con vós como mínimo outros 80 máis. Seguiremos traballando pola gaita, pola nosa música e os nosos gaiteiros.
Moitas grazas a todos e unha aperta moi grande!
|
|
 |
|
|