Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Presentación en Cambre de XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA

22 de xullo 2020

XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA foi escrito polo filólogo e profesor da UDC Xosé Manuel Sánchez Rei. O acto foi no anfiteatro de Cambre, organizado polo Concello de Cambre e a Editorial Canela. Acompañaron ó escritor, a familia Seivane, o alcalde de Cambre Óscar García Patiño, e o laureado gaiteiro e mestre de gaita Dani Bellón.

O autor do libro falou da calidade humana, artesanal e musical de Seivane, destacando a excelencia dos seus instrumentos e a súa versatilidade “hoxe en día escoitamos unha gaita galega nunha romaría tradicional mais tamén podemos ouvila cunha orquesta sinfónica”. Destacou tamén a “grande habilidade de Seivane para arranxar todo tipo de cousas e a súa constante vontade de mellorar o instrumento galego”. Esto unido a súa habilidade conversadora e o seu gran humor, facíanlle unha persoa que conectaba moi ben coa xente. De aí que todos os entrevistados falaran del “cun grande cariño e admiración”.

O escritor agradeceu a Pablo Quintana, editor do libro “o coidado na edición” e a “liberdade” para escribir. E a Dani Bellón e Pedro Lamas o seu “rigoroso” traballo na transcricións das partituras.

Álvaro e Xosé Manuel Seivane agradeceron a súa vez o grande traballo do escritor e editor. E a familia Seivane, encabezada pola gaiteira Susana Seivane, tocou unha peza para rematar este simbólico acto de homenaxe da figura do fundador da saga.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es