Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

As Nosas Gaitas » Modelos
Correo Electrónico

Mapa da Web

Gaita Multibordón - 80 ANIVERSARIO [8]

Gaita Multibordón - 80 ANIVERSARIO
Gaita Multibordón - 80 ANIVERSARIO - 1
Gaita Multibordón - 80 ANIVERSARIO - 2

Madeira
Buxo de Galicia.

Elementos sonoros
Esta gaita ten seis elementos sonoros, punteiro con Seitor, sensible+subtónica e tónica regulable, ronco, e neste caso catro ronquetas saíndo dunha buxa compartida.

Anelados
En metacrilato negro.

Funda
Tea brocada de alta calidade, cor negro e verde, Cambre-B.

Fleques e pompóns
Negros, de calidade superior, en algodón 100%

Fol
De Gore-Tex®, moi ergonómico, de tamaño adaptable á estatura de cada persoa.

Soprete
Leva unha boquilla intercambiable, de tamaño adaptable á estatura de cada persoa.

Observación
A Gaita Multibordón naceu coa finalidade de acomodar a gaita á tonalidade da peza, sexa tradicional ou de nova composición. Leva 5 bordóns máis os transpositores, co que poden convertirse en 8, de aí o nome. E pode ser tocada en distintas tonalidades (Dó, Re, Fa, Sol, La) xogando coa apertura ou peche dos bordóns, nunca tocan todos á vez. É personalizable tamén para outras tonalidades. Esta é unha gaita moi especial pola súa organoloxía e finalidade. Conmemora o 80 aniversario de Seivane na construción de gaitas.



Prezo de Venta ao Público: Consúltenos, por favor.

    Para máis combinacións ou posibilidades, utilice o configurador de gaitas da nosa tenda en liña.

« volver a modelos de gaitas
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es