|
|
|
|
O Obradoiro de Gaitas Seivane, pon á súa disposición unha serie de complementos para o transporte, protección, mantemento ou mellora da súa gaita, cuxa información detallada lle ofrecemos a continuación.
|
 |
Pode adquirir calquera dos nosos produtos a través de Internet accedendo á nosa tenda on-line. |
 |
Estoxo Ríxido para Gaita
Novo estoxo de alta calidade, modelo exclusivo deseñado para optimizar a súa capacidade e prestacións. Adáptase ás medidas de equipaxe de man permitida nas aerolíneas.
Ofrece un cómodo transporte e unha excelente protección física e térmica. Con incorporación de higrómetro. Dispón de varios petos externos, un departamento para os efectos persoais e ocos internos para os accesorios de gaita. Grazas á versatilidade das súas asas, pode levarse de bandoleira ou mesmo de mochila.
ampliar foto |
|
 |
Estoxo Acolchado
Estoxo acolchado para gaita. Consta dun bolsillo externo, con asas para levar como bandoleira e mochila. Elegante deseño ideal para levar unha gaita, kits de tonalidade e os seus accesorios, grazas á súa capacidade e á vez lixeireza.
ampliar foto |
|
 |
Estoxo de Foliada
Novo estoxo acolchado deseñado para ser levado como bandoleira. A súa gran lixeireza permite portalo con comodidade durante longo tempo. Ideal para andainas, pasarrúas ou foliadas. Cun peto exterior para os efectos persoais.
ampliar foto |
 |
Estoxo para Punteiro
Práctico estoxo acolchado, en cor negra. Está deseñado á medida para gardar e protexer o seu punteiro. Dispón dunha asa e peche de cremalleira.
ampliar foto |
|
 |
Boquilla Desmontable para Punteiro
Formada polo capuchón protector en madeira de buxo e boquilla desmontable, serve como protector da palleta e permite á súa vez tocar directamente co punteiro.
ampliar foto |
|
 |
Frauta de ABS símil madeira
Frauta adaptada por Seivane para a dixitación de gaita, tonalidade en Re Maior, moi práctica, resistente á humidade e de baixo mantemento, ideal para a aprendizaxe.
ampliar foto |
|
 |
Frauta de Arce
Frauta de arce, similar ó pito galego, semi-elaborada por Seivane, con dixitación de gaita, tonalidade en Re Maior, especialmente pensada para a aprendizaxe.
ampliar foto |
 |
Fol de Gore-Tex®
Fol en tecido microporoso transpirable (a humidade que se condensa no seu interior tende a saír polos poros polo fenómeno de osmose). Non necesita mantemento.
ampliar foto |
|
 |
Kit de Limpeza
Composto por tres baquetas para a limpeza interior das partes da gaita, un bote de Seite só para a limpeza interior do punteiro, e una baeta amarela para a limpeza exterior do instrumento. Para a utilización do Seite, consulte o Manual de Instrucións.
ampliar foto |
|
 |
Conxunto de Tonalidade
Con este conxunto ofrecemos a posibilidade de cambiar o ton da súa gaita sen necesidade de adquirir unha segunda. O conxunto completo está composto por un punteiro e pezas para o ronco e ronqueta. Tamén pode adquirir o punteiro só, neste caso, consúltenos por favor.
ampliar foto |
 |
Baquetas de Buxo
Baquetas para tamboril en madeira de buxo, cun gravado de agradable tacto e deseño antideslizante.
ampliar foto |
|
 |
Baquetas de Granadillo
Baquetas para tamboril en madeira de granadillo, cun gravado de agradable tacto e deseño antideslizante.
ampliar foto |
 |
XOSÉ SEIVANE, A GAITA CON MAIÚSCULA
Este libro do autor Xosé Manuel Sánchez Rei, da Editorial Canela, dá conta dos aspectos máis importantes da vida de Seivane, como artesán e tendo en conta o seu contexto familiar, vital e cultural.
Inclúe entrevistas a grandes persoeiros, máis de corenta pezas transcritas por Daniel Bellón e Pedro Lamas, un álbum fotográfico familiar, imaxes en exclusiva do fotógrafo Vicente Ansola, e prólogo de Xosé V. Ferreirós.
ampliar foto |
|
 |
Revista Guieiros
Revista Guieiros, da Asociación Xermolos, dedicada por enteiro a Xosé Manuel Seivane Rivas. Con máis de 200 páxinas, fotografías inéditas e coas aportacións de moitos gaiteiros e persoas relacionadas coa cultura.
ampliar foto |
|
 |
O PentaFol
O PentaFol, de Alberte Sanmartín, Inquedanzas Editoriais, libro recompilatorio con máis de 400 pezas populares para gaita galega. Todas as partituras están escritas en Dó e en Re, inclúe un disco MP3 con todos os temas.
ampliar foto |
 |
Barquín de brazo de sopro mecánico
Mecanismo accionado co brazo para insuflar aire ao fol que permite conectar directamente coa buxa da ronqueta mediante un acoplamento cunha válvula, Seipón. Unha das ventaxas que ofrece é axudar a diminuír o esforzo pulmonar, e a posibilidade de cantar e tocar ao mesmo tempo.
ampliar foto |
|
 |
Barquín de pé de sopro mecánico
Ao igual que o barquín de brazo, mecanismo que axuda a diminuír o esforzo na respiración do gaiteiro, mediante un fol de sopro mecánico, aquí accionado co pé, que insufla aire mediante un tubo conectado coa buxa da ronqueta.
ampliar foto |
 |
Palletas
Palletas de elaboración propia para o consumo do Obradoiro, e ocasionalmente dispoñibles á venda.
Tonalidades Dó e Sib, para outras tonalidades, consultar.
ampliar foto |
|
 |
Pode adquirir calquera dos nosos produtos a través de Internet accedendo á nosa tenda on-line. |
|
|
|