|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||||||||||
O Seitor é un sistema de ton regulable integrado no punteiro, exclusivo do Obradoiro de Gaitas Seivane, que se ofrece opcionalmente cando se adquire unha das nosas gaitas ou punteiros.![]() ![]() Aínda que todo punteiro pode afinarse ao xeito tradicional, o Seitor é un sistema que permite subir e baixar a palleta, dunha forma rápida, segura e precisa, co que o gaiteiro pode correxir as eventuais variacións no ton sen necesidade de sacar o punteiro da gaita. As gaitas, como todos os instrumentos, son sensibles aos cambios de humidade e temperatura ambiental. Os gaiteiros tratan de compensar estas variacións no ton con diferentes mañas, a principal é sacar ou introducir a palleta no espigo do punteiro, labor non exenta de risco nunha actuación en directo. En 1998, para facilitar isto, nace o punteiro de ton regulable, Seitor, que é patentado no 2005, como un medio idóneo e efectivo. Este punteiro está formado polo corpo e a mesa ou parte superior, ensamblables entre sí, e provisto dunha rosca interna que permite o seu axuste telescópico e regulable con precisión, o que se traduce nun alongamento ou acortamento efectivo do punteiro coas conseguintes variacións na afinación; partindo de que debe estar perfectamente afinado no punto 0, pode subir e baixar un cuarto de ton sen descompensar prácticamente a escala.
Instrucións de uso do Seitor, punteiro de ton regulable ![]() Unha vez colocada a palleta no seu lugar, e o punteiro na súa buxa, vostede pode xirar o corpo (B) con respecto á mesa (A), á dereita ou á esquerda para correxir eventuais variacións no ton que poden presentarse con cambios na temperatura ambiente, humidade ou calquera outro motivo. Todo esto sen necesidade de axustar outra vez a palleta. Cada volta do punteiro (B) representa un agrandamento ou encollemento dun milímetro que fai que o seu ton baixe ou suba respectivamente. No momento do seu embalaxe o punteiro é axustado perfectamente na posición central (2), é dicir, do mesmo modo que os punteiros de ton fixo. Vostede conta con tres voltas á dereita (3) ou dúas á esquerda (1) para compensar os cambios mencionados. Pódese xirar algunhas voltas máis pero, neste caso, a escala do punteiro pode resultar descompensada. Mantenemento ![]() É convinte separar cada seis meses a mesa (A) do corpo (B) xirando repetidamente este (B) á esquerda con respecto á mesa (A). Deste xeito quedará á vista o parafuso de axuste de precisión (4) que deberá lubricarse coa grasa Seibo que acompaña á gaita, dúas veces ao ano. Para volver a unilos, alinee perfectamente o parafuso e enrosque, sen forzar, hacia a dereita ata a posición media. Esta posición alcánzase cando a base da mesa (A) e o pequeno ensanchamento da parte alta (B) do punteiro están nivelados de modo que ambos forman un conxunto estético similar ao dun punteiro de ton fixo.
|
![]() |