|
|
|
|
Desde a tenda on-line do Obradoiro de Gaitas Seivane, vostede poderá comprar os nosos produtos de unha forma segura, sinxela e rápida. A nosa web utiliza un certificado de seguridade Geotrust QuickSSL que ofrece encriptación real SSL de 128-bits. |
 |
Acceso á Tenda
Pode ir á Tenda desde calquera punto da nosa páxina web pulsando no enlace Tenda do menú situado na parte esquerda da páxina.
Tamén pode acceder desde outros apartados da páxina pulsando o botón acceder á tenda:
As Nosas Gaitas As Nosas Gaitas » Modelos As Nosas Gaitas » Complementos As Nosas Gaitas » Seipal
Seccións da Tenda
Una vez teña accedido á nosa Tenda, poderá ver que está dividida en 3 seccións:
Gaitas: Desde onde vostede poderá configurar o instrumento ao seu propio gusto, ver o resultado final da súa elección e coñecer o seu prezo.
Complementos: Onde lle ofrecemos unha serie de accesorios para a súa gaita: estoxo ríxido, estoxo para punteiro, fol de Gore-Tex®, boquilla para punteiro e kits de tonalidade (tamén configurables), etc.
Seipal: Desde onde poderá adquirir o noso Pallón Seipal Sintético nas súas diferentes tonalidades.
Engadir producto á compra
Para comprar calquera dos nosos complementos ou pallóns Seipal, pulse o botón comprar.
Pode configurar as gaitas e os kits de tonalidade siguiendo 10 pasos que, en todo momento, iránselle indicando na pantalla:
1. Tonalidade
2. Madeira 3. Elementos sonoros
4. Clase de anelado
5. Tipo de anelado |
6. Gravado do anelado
7. Clase de funda
8. Tipo de funda 9. Personalización
10. Estatura |
Cada vez que vostede pulsa el botón comprar asociado a un produto, engádese 1 unidade ao seu carro da compra e móstrase unha pantalla co detalle dos produtos que vostede leva acumulados ata ese momento.
• |
Para modificar a cantidade de unidades que dexea comprar de un produto determinado, introduza o número desexado na casiña correspondente, e pulse o botón actualizar. O total parcial calcúlase de forma automática.
|
• |
Para seguir comprando, pulse o botón volver a produtos.
|
• |
Se desexa dar de baixa algún dos produtos engadidos ó seu carro, pulse o botón eliminar asociado al produto. |
Realizar Pedido
Cando teña incorporados ao carro tódolos produtos que desexa comprar, pulse o botón realizar pedido. Accederá á pantalla de Datos onde debe introducir a información precisa para que poidamos mandarlle o seu pedido.
1. |
Introduza os seus datos de facturación e datos de envío.
|
2. |
Seleccione a forma de envío:
• Correos • Recoller no taller • UPS/SEUR
|
3. |
Seleccione a forma de pago:
• Tarxeta de crédito (Visa e MasterCard) • Transferencia bancaria |
Pulse o botón ver pedido. Aparecerá unha nova pantalla cos datos do pedido:
• Datos de Facturación • Datos de Envío • Nº de Pedido • Forma de Envío • Forma de Pago • Detalle dos produtos incluídos no seu pedido.
Revise estes datos e comprobe que son correctos. Se observa algún erro, pulse o botón corrixir datos que o levará á pantalla anterior para corrixilo.
Formalizar Compra
Una vez teña comprobado que tódolos datos son correctos, pode imprimir o seu pedido pulsando o botón imprimir e, finalmente, cursalo pulsando o botón formalizar compra.
A continuación entrará na páxina de confirmación de pedido, onde aparecerá o número de referencia do seu pedido e un botón que lle permitirá imprimilo.
1. |
En caso de ter elixido Transferencia Bancaria como forma de pago, mostraráselle o seguinte texto:
Vostede elixiu, como forma de pago, a Transferencia Bancaria, recibirá un correo electrónico co detalle dos artigos incluídos no seu pedido, o importe total do mesmo e o número da conta bancaria á que debe realizar a transferencia.
Opción A
Se o seu pedido inclúe unha ou máis Gaitas ou un ou máis Kits de Tonalidade, deberá transferir, a modo de pago a conta, un 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse en momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.
Se vostede o desexa, pode realizar unha soa transferencia previa polo total do importe co que aforrará tempo e gastos bancarios.
Opción B
Se o seu pedido non inclúe nin Gaitas nin Kits de Tonalidade, vostede deberá transferir o importe total.
Para calquera dúbida ou consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfon no enviándonos un correo electrónico:
· Tel: (+34) 981 676 656 9:00 a 13:30 y 15:30 a 19:00 de luns a venres 9:00 a 12:30 sábados
· Correo electrónico: obradoiro@seivane.es
|
2. |
En caso de ter elixido a Tarxeta de Crédito como forma de pago, mostraráselle o seguinte texto:
Vostede elexiu como forma de pago a Tarxeta de Crédito. Por favor, proceda a realizar o pagamento a través da Pasarela de Pagamento del BBVA.
Recibirá un correo electrónico ca confirmación e detalle do seu pedido.
Opción A
Se o seu pedido inclúe unha ou máis gaitas ou un ou más kits de Tonalidade, cargaráselle, a modo de pago a conta, o 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse e momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.
Opción B
Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de Tonalidade, teráselle cargado na súa conta o importe total e o seu pedido será enviado nos próximos días.
Para calquera dúbida ou consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfon no enviándonos un correo electrónico:
· Tel: (+34) 981 676 656 9:00 a 13:30 y 15:30 a 19:00 de luns a venres 9:00 a 12:30 sábados
· Correo electrónico: obradoiro@seivane.es
Para proceder ao pagamento por Tarxeta de Crédito pulse el botón continuar, accederá a e-activa, a pasarela de pago en Internet del BBVA (www.bbva.com), onde debe introducir los datos da súa tarxeta de crédito:
• |
Número d tarxeta
|
• |
CVV2/CVC2: (el CVV2/CVC2 é o código de tres díxitos impreso na parte traseira da tarxeta Visa (CVV2) o MasterCard (CVC2). |
• |
Fecha de caducidade |
• |
Correo electrónico: (se o desexa, pode introducir o seu enderezo de correo electrónico onde recibirá unha mensaxe del BBVA ca confirmación de pago). |
Cando teña introducido todos os datos, pulse o botón Enviar.
Se os datos da súa tarxeta son correctos e a operación é aprobada, BBVA mostraralle unha pantalla na que lle indica:
• Nome do Comercio • Nº do Pedido • Importe cargado na súa tarxeta • Estado Operación • Código Operación
Pulse o botón Aceptar. Nosa páxina de confirmación indicaralle se o pagamento por Tarxeta do seu pedido realizouse satisfactoriamente. |
|
|
|