Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Tenda » Devolucións
Correo Electrónico

Mapa da Web

En cumprimento da Lei de Ordenación do Comercio Minorista 47/2002, Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. aceptará a devolución dos seus produtos cas seguintes condicións:


Condicións

•  A devolución notificarase por correo electrónico ao enderezo obradoiro@seivane.es, ou por teléfono ao (+34) 981 676 656 nos 14 días naturais seguintes á recepción do produto.

O produto será devolto no seu envase e embalaxe orixinal acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios, e de unha copia da factura de compra. Os produtos incompletos o danados non serán admitidos.

O cliente correrá cos gastos de devolución do produto hasta a nosa sede social.

O custe do produto (unha vez descontado o importe do transporte do primeiro envío) seralle devolto ó cliente no prazo máximo de 30 días hábiles a contar desde a súa recepción na nosa sede social.

Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. non aceptará a devolución de gaitas ou kits de tonalidade por construírse baixo as especificacións do cliente.

O Artigo 45 apartado b) da Lei de Comercio Minorista 47/2002 establece:

Artgo 45. Excepcións ó dereito de desistimento.

Salvo pacto en contrario, o disposto no artigo anterior non será aplicable ós seguintes contratos:

b) Contratos de subministro de bens confeccionados conforme á especificacións do consumidor ou claramente personalizados, ou que, pola súa natureza, non poidan ser devoltos ou poidan deteriorarse ou caducar con rapidez.


Garantía Seivane

Tanto as gaitas como os kits de tonalidade están protexidos pola Garantía Seivane:

Unha coidada selección de madeiras e outros materiais que os compoñen, así como a pericia e experiencia dos artesáns que os elaboran, permiten que os instrumentos do Obradoiro de Gaitas Seivane lle poidan ofrecer ao usuario a seguridade de que ten nas súas mans un produto da máis alta calidade.

•   O Obradoiro de Gaitas Seivane garante, por un período de dous anos, todos os seus instrumentos contra calquera defecto de elaboración ou vicio oculto nos seus compoñentes.

Esta garantía enténdese a partir da data de compra, nun uso normal do instrumento e non cobre roturas ou danos causados por maltrato, descoido ou falta de mantemento deste.

Queda expresamente excluído desta garantía calquera instrumento que fose retocado, manipulado ou mecanizado, interior ou exteriormente, por persoal non autorizado ou fóra das instalacións do Obradoiro de Gaitas Seivane.

A garantía non contempla os compoñentes considerados consumibles como palletas, lubrificantes ou produtos de limpeza subministrados, agás os pallóns Seipal, que gozan de todos os seus beneficios.

O Obradoiro de Gaitas Seivane responderá, no seu caso, desta garantía nas súas propias instalacións, reparando gratuitamente o instrumento afectado ou substituíndoo por outro equivalente se fose necesario.

O Obradoiro de Gaitas Seivane resérvase o dereito a prestar ou non servizo técnico ou de mantemento, mesmo fóra de garantía, a aqueles instrumentos que fosen manipulados con malicia ou mala intención.
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CAMBRE - A Coruña, Galicia, España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es