Seivane

A gaita do primeiro bisneto

40

Ante a atenta mirada dos seus fillos, Álvaro e Xosé, Xosé Manuel Seivane está a tallar a que será a primeira gaita de Brais, fillo de Sainza Seivane e Moisés Facal, ámbolos dous membros do equipo de traballo do Obradoiro de Gaitas Seivane. Brais, que xa ten 8 meses, recibirá esta gaita de buxo, feita expresamente para el no ton de sol agudo, como agasallo de Reis. Esta tonalidade non se tiña feito nunca polo que representa outra innovación no mundo da gaita por parte da familia Seivane.

 

28 novembro 2008