- Inicio •
- A Gaitareta •
a gaitareta
O 26 de setembro foi un día moi emotivo. O noso amigo e gran músico Kepa Junkera fixo a primeira parada da súa xira de outono no noso obradoiro e ese día presentamos a “Gaitareta”.
Todo partiu dunha idea orixinal de Kepan Junkera: facer a gaita-pandeireta. O artesán Alberto Oliveros falou con Álvaro e puxémonos a traballar nunha mixtura de instrumentos inimaxinable ata entón; así son os xenios. Pola nosa parte fixemos o punteiro e o soprete, ambos de buxo. E Alberto, de Gregorio y Oliveros, vestiuna coa súa funda e fleques e a personalizou coa firma de Kepa.
Na súa presentación e alrededor deste incansable mito musical, acompañáronnos moitos talentosos amigos como o profesor de gaita Luis O Caruncho, a artesá Patricia González Iglesias, do Obradoiro de Costura Saians, que viñeron con Natalia a recoller a súa gaita. E tamén, Pepe Formoso, do Hotel Bela Fisterra, o pianista Juan Carlos Cambas, o profesor Pedro Lamas, a nosa Susana Seivane, a fotógrafa Soraya Sampedro, Norelys, etc.
A Gaitareta rodeouse de tanto amor que é como un tótem para nós, un símbolo de unión e amizade, e unha mostra da capacidade de conexión de Kepa, que nos vinculou a todos en torno a este proxecto, transmitíndonos a súa ilusión. Como mostra do seu cariño, Kepa quixo deixar a Gaitareta no noso museo para que forme parte da nosa colección.
26 setembro 2024