Seivane

seipal

Pallón Seipal Sintético é o resultado de longos estudos do Obradoiro de Gaitas Seivane na busca da estabilidade tonal en calquera condición de humidade e temperatura, pero manténdose fiel ao son do pallón tradicional de cana.

Cos seus elementos sintéticos, compostos por unha amálgama de polímeros, e a súa elaboración por moldeo, conséguese unha total precisión e regularidade na súa construción e montaxe, que dá como resultado un elemento seguro e insensible aos cambios climáticos.

Leva incorporada, nun dos seus extremos, unha válvula de corte que se cambia con facilidade. Esta válvula cumpre unha dobre función e permite unha entrada de aire instantánea, á vez que un corte nítido e preciso do son ao baixar a presión do fol. É unha mostra de enxeño pola súa sinxeleza pero, sobre todo, pola súa eficacia.

A súa extraordinaria estabilidade tonal e tímbrica, a súa longa duración, a regularidade e potencia do seu son, a súa fiabilidade e a súa achega en termos de facilitar o tempero, fan do pallón Seipal o accesorio indispensable para os gaiteiros de hoxe en día.

O pallón Seipal está dispoñible para outras gaitas como a Gaita Asturiana, Gaita de Boto Aragonesa, Sac de Gemecs Catalán, Xeremía Mallorquina, Binioù Kozh da Bretagne e a Great Highland Bagpipe Escocesa.

seipales banner 1
O pallón Seipal está dispoñible para outras gaitas como a Gaita Asturiana, Gaita de Boto Aragonesa, Sac de Gemecs Catalán, Xeremía Mallorquina, Binioù Kozh da Bretagne e a Great Highland Bagpipe Escocesa.
seipal 03 1
seipal logo 1
seipal 02 1

O pallón Seipal está dispoñible para outras gaitas como a Gaita Asturiana, Gaita de Boto Aragonesa, Sac de Gemecs Catalán, Xeremía Mallorquina, Binioù Kozh da Bretagne e a Great Highland Bagpipe Escocesa.

Instrucións de uso do pallón Seipal

image 17 5

Se o desexa, pode descargar en formato PDF o manual do pallón Seipal no seguinte enlace:

Introduza o pallón no asento do ronco de modo firme e hermético. Teña coidado de aliñar perfectamente o seu eixe lonxitudinal co do ronco para que as válvulas, unha vez que se introduzan na súa buxa, queden perfectamente centradas.

A conicidade practicada nun dos extremos do pallón Seipal está estudada para encaixar perfectamente nos asentos dos roncos do Obradoiro de Gaitas Seivane. Non obstante, pode ser necesario enrolar algo de fío, papel fino ou teflón ao seu arredor para conseguir un axuste perfecto noutras gaitas.

Se as válvulas non cortan debidamente ou se percibe certo petardeo no son, xire a prima do ronco con respecto á súa buxa en incrementos de 1/4 de volta ata o funcionamento correcto. Se despois dunha volta completa non se consegue, comprobar que o pallón estea correctamente aliñado respecto ao eixe do ronco.

O pallón pode funcionar perfectamente sen as válvulas pero obterase un maior rendemento e un mellor comportamento dos roncos se se utilizan.

A lámina vibrante dos pallóns Seipal compórtase practicamente como as de cana dos pallóns tradicionais. Para eliminar a posible humidade condensada, extraia o pallón do seu asento e sacúdao lixeiramente. Se necesita maior volume sonoro ou reanimar un pallón que eventualmente se detivo, levante lixeiramente a lámina como faría cun tradicional.

Hai dúas bridas que suxeitan a lámina. A que está situada máis cerca das válvulas é fixa e non debe intentar desprazala en torno ou ao longo do tubo. A outra pode escorrer en sentido lonxitudinal para regular a tonalidade do pallón.

Para cambiar as válvulas de corte só é necesario retiralas tirando suavemente delas e introducindo as novas no seu lugar.

Se o desexa, pode descargar en formato PDF o manual do pallón Seipal no seguinte enlace: