Seivane

Bordófono

WhatsApp Image 2025 10 13 at 18.25.03 1

Nace o BORDÓFONO. Un novidoso proxecto en colaboración con Andrés Rodrigues, no que fixemos este instrumento. Veu a luz esta fin de semana da man de INCRA (Andrés e Iván Nespereira), no Festival Mixtur, Festival de nova creación sonora de Barcelona, dentro do seu espectáculo “Ronco: Disección anatómica da gaita”.

Así o explica Andrés: “É un proxecto de experimentación en torno á gaita e á sua radicalidade sonora. Partindo da importancia dos bordóns, que xeran un pedal ou drone, que sirve como base no instrumento estandarizado para a realización da melodía co punteiro, deseñamos en colaboración este BORDÓFONO que alimenta as posibilidades de execución e escoita e permítenos procesar a infinidade de harmónicos de formas variadas e ricas”.

Este instrumento sonoro inspírase na nosa Gaita Multibordón que fixemos no 80 aniversario na construción de gaitas, (en 2019). E o leva a outro campo, aliméntase de aire de forma autónoma e permite xogar cos bordóns de formas moi creativas. Os sons que emite este instrumento son profundos e vibrantes, é certamente algo hipnótico e relaxante de escoitar. Os cinco bordóns teñen unha, dúas ou tres tonalidades cada un, grazas aos obturadores pódese xogar con elas, mexturalas e atopar harmonías moi agradables ata onde a creatividade.

15 Outubro 2025