obradoiro de gaitas seivane
con vocación universal e de futuro
O Obradoiro de Gaitas Seivane é a primeira empresa galega na construción, comercialización e exportación de gaitas. A experiencia de 87 anos e a súa aposta pola tecnoloxía moderna, desde o respecto á tradición, aseguran o máis alto grao de calidade en todos os seus produtos.
Falar hoxe de Seivane é falar de esmero, capacidade, competencia e precisión. Dicir Seivane é dicir compromiso coa música, compromiso con Galicia.
configure a súa gaita
No Obradoiro de Gaitas Seivane, elaboramos unha amplísima variedade de instrumentos que pode personalizar elixindo entre:
- Cinco tonalidades (desenvolvemos unha extensa gama cromática de 18 tonalidades, entre Dó4 e Sol5, pode consultarnos).
- Tres clases de madeira.
- Diferentes tipos de anelados en metacrilato, madeira, Seinox, latón, alpaca e prata.
- Unha ampla diversidade de fundas e fleques.
- A posibilidade de gravar o seu nome (se quere un gravado especial ou imaxe, pode consultarnos).
Pallón Seipal
O Pallón Seipal Sintético é o resultado de longos estudos do Obradoiro de Gaitas Seivane na busca da estabilidade tonal en calquera condición de humidade e temperatura, pero manténdose fiel ao son do pallón tradicional de cana.
A súa extraordinaria estabilidade tonal e tímbrica, a súa longa duración, a regularidade e potencia do seu son, a súa fiabilidade e a súa achega en termos de facilitar o tempero, fan do pallón Seipal o accesorio indispensable para os gaiteiros de hoxe en día.
Visite a nosa tenda
Na nosa tenda en liña poderá comprar os nosos produtos de forma cómoda e totalmente segura