Funda unha das sagas de artesáns e músicos máis prestixiosa do país. A súa actividade no taller da Ribeira de Piquín, Lugo, converteuno nunha lenda.
Historia viva da gaita galega e artífice directo da súa evolución e excelencia. Máximo guieiro construtivo contemporáneo, coa súa alta capacidade, formación multidisciplinar e pensamento visionario, enche a gaita de fitos e fai historia.
Acada a perfección na construción de gaitas. Coas súas habilidades innatas, destrezas naturais e pericia artesanal, eleva ao instrumento ao seu máis alto grao de perfección e o proxecta cara o futuro.
Xosé Manuel Seivane Rivas (Fonmiñá, A Pastoriza, Lugo, 1921 – Cambre, A Coruña, 2012) Construíu a súa primeira gaita en 1939, nun pequeno taller deste recuncho da comarca da Terra Chá, creando así o primeiro selo “Seivane”. Aínda que xa era gaiteiro e clarinetista, cumpría o seu sono infantil de facer o seu propio instrumento.
O seu pai Francisco, un grande ebanista, e a súa nai Estrela, dotada dun marabilloso oído musical, achegáronlle unhas bases moi sólidas para desenvolver toda a súa capacidade artesanal. Do seu pai herdou a técnica, ferramentas e as madeiras e da súa nai a sensibilidade musical, especialmente no que se refire á afinación e ton. Dela recibiu tamén as melodías de gaiteiros que xa desapareceran, como Curuxeiras, nacido na Pastoriza, López de Baltar ou Francisco do Crego de Sinde.
Cumprindo o seu servizo militar en Pontevedra, entra en contacto co artesán Antón Represas “O Marreco”, co que comparte experiencias e coñecementos axudándolle a construír varias gaitas para o exército. Era o comezo dun camiño difícil pois, en plena posguerra, as necesidades do momento non pasaban por comprar algo que só achegaba satisfaccións. Naquela época, as gaitas eran construídas polos ebanistas–torneiros, e os gaiteiros afinábanas e facían as súas propias palletas. Moi poucas eran as persoas que reunían a dobre condición de construtor de gaitas e gaiteiro; unha delas foi, sen dúbida, Xosé Manuel.
Con escasos recursos materiais pero dotado cun gran talento e enxeño, como persona habilidosa que era, conseguiu reunir as condicións necesarias para desenvolver a técnica construtiva dende un profundo sentimento musical. As súas expectativas víronse cumpridas e, anos máis tarde, casa e establécese en Ribeira de Piquín (Lugo). Nun primeiro momento, abastece unicamente aos gaiteiros do seu ámbito, pero pronto ensanchará máis e máis o seu campo de acción ata superar os límites do Estado e converter o obradoiro en lugar de peregrinación de gaiteiros e amantes da música tradicional de Galicia.
Os seus fillos, Álvaro (Ribeira de Piquín, Lugo, 1952) e Xosé Manuel (Ribeira de Piquín, Lugo, 1964) seguen os seus pasos dende moi nenos da mesma forma que lle acontecera a el con respecto ao seu pai. Ao seu lado van recibindo os pequenos segredos do traballo diario, os que xorden co tacto diario da madeira, así como a capacidade para recordar o son ao escoitalo, impregnándose para sempre do timbre da marca Seivane.
En 1967, Álvaro inicia Oficialía Industrial, na rama de Automovilismo, no IES As Mercedes de Lugo, onde se gradúa cinco anos máis tarde como alumno destacado da primeira promoción.
No ano 1972, Álvaro trasládase a Barcelona, estuda Mestría Industrial e inicia Enxeñería. Establécese alí durante catorce anos, traballa no sector industrial (deseño e construción de utillaxes e prototipos), no que adquire unha experiencia moi valiosa que aplicaría no futuro á artesanía, e compaxina o seu traballo coa construción de gaitas no seu obradoiro creado á imaxe e semellanza do de seu pai. Dende alí abastecerá aos centros galegos de Cataluña e mesmo de Europa.
En 1986, Álvaro decide regresar a Galicia co proxecto de crear xunto co seu pai e irmán o que logo será o Obradoiro de Gaitas Seivane, o que animará a todos a unirse de novo.
Mentras tanto instálase en Cambre (A Coruña), e vai preparando a infraestructura do actual obradoiro. Intercambia traballos e formas de ver co taller da Ribeira de Piquín. É unha etapa moi ilusionante ao dedicarse de pleno á gaita e moi fructífera na investigación, co achado do fol de fibras transpirables (Goretex) ou o estudo de patróns e líneas ergonómicas ata chegar ós foles actuáis, que foron estandarizados pola maioría dos artesáns.
En 1994, en contra do proverbial minifundismo galego, toda a experiencia adquirida por cada un deles fóndese para formar, en Cambre (A Coruña), o actual Obradoiro de Gaitas Seivane.
Así, partindo dun oficio que era prácticamente individual e con prazos de entrega moi longos, créase unha empresa familar pioneira en Galicia, con más capacidade de produción, coa pretensión de modernizar os tradicionais sistemas construtivos e sobre todo de investigar seria e profundamente todos os aspectos relacionados coa gaita para ofrecer a máis alta calidade nos seus produtos.
Un aire novo chegou coa creatividade de Susana Seivane (Barcelona, 1976) filla de Álvaro, que aos cinco anos xa tocaba a gaita e aos dez participaba en festivais como solista. Este feito tivo unha forte influencia nos mozos, especialmente nenas, que dende moi pronto se incorporaron ao mundo da gaita. Susana é hoxe unha das intérpretes de gaita máis recoñecidas a nivel internacional.
Saínza Seivane, irmá de Susana, é na actualidade prácticamente a única muller en Galicia que se dedica á construción de gaitas, e compaxina o seu traballo artesanal con tarefas administrativas. Vanessa xestiona a oficina e coordina a administración e a comunicación da empresa. Moisés e Miguel, son hábiles artesáns que forman, así mesmo, parte do obradoiro. E Raquel é a responsable da costura e confección da fundas das gaitas Seivane.
Álvaro e Xosé, responsables directos do obradoiro, van creando novas maneiras de entender a elaboración, aplicando as últimas tecnoloxías e máquinas de precisión, ao servizo da técnica artesanal.
Esta combinación entre o primario espírito artesanal e a tecnoloxía, o gusto polo ben feito, a creatividade conxénita e a intuición sonora son os pilares onde se sustenta a firma Seivane, distinguida pola marcada personalidade dos seus produtos e a súa excelente calidade. Pioneiros na evolución do instrumento, marcarán un antes e un despois na construción de gaitas e serán un modelo para imitar.
Susana leva polo mundo o nome de Seivane, os seus instrumentos e o mellor do repertorio tradicional galego.
Este sitio web utiliza cookies
Usamos cookies para personalizar o contido e os anuncios, proporcionar funcionalidades de redes sociais e analizar o noso tráfico. Tamén compartimos información sobre o teu uso do noso sitio cos nosos socios de medios sociais, publicidade e análise, que poden combinalo con outra información que lles proporcionaches ou que recolleron do teu uso dos seus servizos.
Necesarias
As cookies necesarias axudan a facer unha web utilizábel habilitando funcións básicas como a navegación na páxina e o acceso a áreas seguras da web. O sitio web non pode funcionar adecuadamente sen estas cookies.
Preferencias
As cookies de preferencias permiten que un sitio web lembre información que cambia a forma en que o sitio se comporta ou parece, como a túa lingua preferida ou a rexión na que estás.
Estatísticas
As cookies estatísticas axudan aos propietarios dos sitios web a comprender como os visitantes interactúan coas webs recollendo e informando información de forma anónima.
Marketing
As cookies de marketing úsanse para seguir aos visitantes nos sitios web. A intención é mostrar anuncios que sexan relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e anunciantes terceiros.
As cookies son pequenos arquivos de texto que os sitios web poden usar para facer a experiencia do usuario máis eficiente.
A lei di que podemos almacenar cookies no teu dispositivo se son estritamente necesarias para o funcionamento deste sitio. Para todos os outros tipos de cookies necesitamos o teu permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algúns cookies son colocados por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.
Podes cambiar ou retirar o teu consentimento da Declaración de Cookies no noso sitio web en calquera momento.
Aprende máis sobre quen somos, como podes contactarnos e como procesamos os datos persoais na nosa Política de Privacidade.