Ao longo da súa dilatada traxectoria, a familia Seivane recibiu diversos premios, homenaxes e distincións.
Detallamos a continuación os máis destacados:
Premios e medallas da familia Seivane
Premio Alfredo Iglesias
Premio Artesanía ao Obradoiro pola súa traxectoria e compromiso coa cultura galega. Entregado por Alex Regueiro na Asociación Cultural A Mámoa de Luou, en Teo.
Premio Artesanía de Galicia á traxectoria para Álvaro Seivane
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo entregou este premio honorífico a Álvaro Seivane pola súa destacada traxectoria profesional e investigadora na gaita galega.
XII Premio Opinión Andaina Senlleira
Concedido ao Obradoiro de Gaitas Seivane pola súa traxectoria.
XVII Premio Ramón Piñeiro «FACER PAÍS»
Condedido á familia Seivane en Láncara, Lugo.
Premio Artista Especial «La Zampogna» 2017 á familia Seivane
XXIV Edición do Festival La Zampogna, Maranola, Formia, Italia.
Medalla Castelao, Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia distinguiu ao Obradoiro de Gaitas Seivane coa Medalla Castelao, considerada insginia do galeguismo, pola súa obra meritoria e a súa contribución a Galicia.
Premio Nacional de Artesanía 2013
Máximo galardón da artesanía nacional, entregado polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo en Madrid.
Premio SERenidade
Entregado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na gala da Radio Cadena SER, e concedido ao Obradoiro de Gaitas Seivane pola súa constante investigación e innovación da gaita, instrumento musical galego por excelencia.
Gaita de Ouro Constantino Bellón do Ateneo Ferrolán
Concedida a Xosé Manuel Seivane Magide como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega.
Recuncho da Palleta
Programa Lume na Palleira da Radio Galega.
Lucense do Ano
Asociación de Radio e Televisión de Lugo.
Gran Trofeo Percebe de Prata da Enxebre Xuntanza do Percebe
Entregado na Gran Noite de Galicia en Barcelona ao Obradoiro de Gaitas Seivane en mérito á súa labor na artesanía e promoción da gaita galega no mundo.
Gaita de Ouro Constantino Bellón do Ateneo Ferrolán
Concedida a Álvaro Seivane pola súa labor e continuidade familiar no mundo da gaita.
Premio Nacional Innova
Premio á innovación na artesanía pola nova páxina web do Obradoiro de Gaitas Seivane.
Medalla do Gaiteiro de Soutelo
A Xosé Manuel Seivane.
IV Certame de Artesanía Antón Fraguas, Deputación Provincial da Coruña
Primeiro premio do apartado tradicionalpor unha gaita en Dó, de buxo, tallada, con adornos e remates en prata.
Premio Luar, da TVG (Televisión de Galicia)
A toda a familia Seivane.
Gaita de Ouro Constantino Bellón do Ateneo Ferrolán
A Xosé Manuel Seivane polo seu gran labor.
Gaita de Ouro da Agrupación Os Alegres de Pontevedra
A Xosé Manuel Seivane.
Homenaxes recibidas
Homenaxe á Xosé Seivane no centenario do seu nacemento (1921-2021) en Cambre
Homenaxe á Xosé Seivane no centenario do seu nacemento (1921-2021) en Ribeira de Piquín
Homenaxe á Xosé Seivane no centenario do seu nacemento (1921-2021) en A Pastoriza
Homenaxe á familia Seivane
No IV Encontro de Música Tradicional de Forcarei.
Asociación Cultural «Banda de Gaitas do Concello de Forcarei».
Homenaxe á familia Seivane
Na Festa da Gaita e Cantos de Taberna, de Arzúa.
Asociación Festa da Gaita Galega.
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Na XVII Edición dos «Encontros da Terra Chá». Asociación Cultural Xermolos. Fundación Manuel María. Concello da Pastoriza.
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Inauguración da Casa da Música da Pastoriza. Concello da Pastoriza.
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Descubrimento dun busto no Chao de Pousadoiro. Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín.
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Federación de Entidades Culturales Galegas de Cataluña.
Homenaxe a Xosé Seivane
Como persoa distiguida no ámbito porteliano dentro do II Certame de Toque Pechado Ricardo Portela en Viascón.
Homenaxe ao Gaiteiro Xosé Manuel Seivane
Da Asociación Cultural Ariños da Torre.
Homenaxe á familia Seivane
Airiños de Fene.
Homenaxe a Xosé Seivane
Na XVIII Xuntanza Mariñana. Asociación de Vecinos A Ría, de Perillo.
Homenaxe ao Gaiteiro
Asociación A Buxaina, C.R.A.C. de Coruxo.
Asociación dos Muiños
Pola axuda na defensa do patrimonio artístico galego.