Seivane

Seivane investiga novos materiais para a gaita

45

O CTAG e a universidade viguesa poñen a disposición do Obradoiro Seivane a capacidade de investigación e equipos de última xeración. O CTAG utilizará no proxecto novos materiais con punto verde, onde a sonoridade será avaliada utilizando unha metodoloxía de análise obxectivo/subxectivo do son, desenvolvida por Sonitum da Universidade de Vigo.

O proxecto IDIGAITA ten unha duración de 3 anos, empezando no 2009 para rematar no 2011. Este proxecto tripartito intenta aunar esforzos e combinar o Patrimonio Cultural Musical Galego e as novas tecnoloxías en materiais. Creemos que proxectos coma este axudan a dignificar a nosa gaita galega.
A investigación pretende solventar moitos dos problemas que afectan á gaita e enriquecer ao máximo as posibilidades sonoras da mesma. O obxetivo do proxecto é investigar novos materiais, optimizar o deseño na fabricación, e intentar minimizar ao máximo os problemas de mantemento do instrumento.

As variacións de temperatura e humidade afectan ás propiedades físicas dos materiais e á estabilidade do son do instrumento. O problema agrávase coa variación da temperatura e da humidade que lle subministra o propio gaiteiro, provocando que o instrumento se vaia desafinando progresivamente. O estudo centrarase na búsqueda de materiais alternativos á madeira con punto verde ou mesmo en reciclar os residuos da propia madeira, que aproximadamente son un 80% en cada gaita, completando o 20% restante con resinas e outros compoñentes de biomasa para intentar conseguir a estabilidade física e térmica e polo tanto sonora.

Para a análise dos novos materiais teránse en conta as propiedades físicas e acústicas, e farase un estudo comparativo de rexistros con gaitas de fabricación convencional.

30 marzo 2010