Seivane

Seivane na Liorta Folk da Pastoriza

56

No día das letras galegas, celebrouse a primeira Liorta Folk, organizada polo concello da Pastoriza. Foron nove os solistas de gaita, violín, zanfoña e acordeón participantes neste orixinal certame de enfrontamentos directos. Resultou gañador o zanfoñista Germán Díaz. O segundo clasificado foi Jesús Arranz. O gañador nun xeneroso xesto cedeu os 1000 euros do primeiro premio á Escola de Música de A Pastoriza para adquisición de material. O concello xestionará que ambos finalistas teñan a oportunidade de tocar na próxima edición do Festival de Ortigueira.

Os cinco membros do xurado evaluador foron Ramón Piñeiro, Xosé Ramón Vázquez, Xoán Barcón, Rubén Vázquez e Álvaro Seivane. Con esta iniciativa preténdese crear unha cita anual onde establecer lazos entre aqueles que entendan a música tradicional como un estilo de vida.

25 maio 2012