Seivane

Seminario sobre Palletas e Pallóns

23

O pasado sábado 17 de xuño tivo lugar en Melide o seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega, impartido por Rubén e Antonio González e Xosé e Álvaro Seivane.
Este evento, organizado pola AGG co patrocinio da Deputación de A Coruña e coa colaboración do Concello de Melide, asistiron unha chea de gaiteiros e amantes da música tradicional . Como estaba anunciado, falouse de temas como a importancia da escolla da cana, o coñecemento do instrumento ao que van destinadas as palletas e pallóns, a incidencia dos factores atmosféricos, trucos para mellorar a afinación, etc.

17 xuño 2006