Estoxo Ríxido para Gaita

Novo estoxo de alta calidade, modelo exclusivo redeseñado para optimizar a súa capacidade e prestacións. Adáptase ás medidas de equipaxe de man permitida nas aerolíneas.

Ofrece un cómodo transporte e unha excelente protección física e térmica. Con incorporación de higrómetro. Dispón de varios petos externos, un departamento para os efectos persoais e ocos internos para os accesorios de gaita. Grazas á versatilidade das súas asas, pode levarse de bandoleira ou mesmo de mochila.

Medidas: 54 x 38 x 18 cm