Método de Gaita Galega I e II

Método de Gaita Galega I e II, de Xaquín Xesteira, Edicións do Cumio. Manual de ensino da gaita galega, consta de dous volumes que inclúen respectivos discos con melodías interpretadas e exercicios de práctica. As pezas están escritas en Do. Ambos recollen a súa experiencia como mestre de gaita, e no segundo tomo o autor profundiza en técnicas de interpretación máis complexas.